Portuguese poem
CCXV (Como Santa Maria guardou a sa…)
by Afonso X de Leão e Castela (1221–1284)
Como Santa Maria guardou a sa Majestade que non recebesse dano de muitos tormentos que lle fazian os mouros.
Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada a omage da ssa Madre, Virgen santa corõada.
E daquest' un gran miragre vos direi, que na fronteira mostrou y Santa Maria, a Sennor mui verdadeira quando passou Aboyuçaf, non da passada primeira, mas da outra, e fez dano grande daquela passada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
E porque dest' os crischãos non eran apercebudos, passou el come a furto con muitos mouros barvudos; e poren foron as vilas e os castelos corrudos, e polos nossos pecados muita eigreja britada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
E por mal de nossa lee as canpãas en levavan e roubavan os altares, que sol ren y non leixavan; e depois os crucifissos e as omayas britavan a tian a fronteyra en mui gran coita provada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
Ond' avo que correron pola Campa un dia e britaron h' aldea que cabo Martos jazia, e romperon a eigreja da Virgen Santa Maria, e ha omagen sua foi deles logo levada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
E log' aas albergadas u pousava[n] a levaron, e assentaron-sse todos, e tal consello fillaron que toda a desfezessen; e sas espadas sacaron enton, e end' u deles lle foi dar un' espadada Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
Eno braço e tallou-lle del ha mui gran partida. Mas non quis Deus que ficasse a omagen escarnida; e porend' a aquel mouro deu-ll' ha atal ferida, que lle fez perde-lo braço log', e caeu-ll' a espada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
Os mouros, quand' esto viron, todos grandes vozes deron que logo a pedrejassen, e muitas pedras t[r]ouxeron e tiraron-lle de preto, mas ferir nona poderon; enton ouveron acordo que fosse logo queimada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
E metérona no fogo mui grand', e jouv' y dous dias; mas o que en Babilonia guardou no forn' Ananias e Misael o menyno e o tercer, Azarias, guardou aquesta do fogo, que sol non lle noziu nada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
E do fogo a sacaron e ouveron tal consello que, porque aquesto feito sol non sais[s]' a concello, que no rio a deitassen, todo come en trebello, con ha pedra mui grande aa garganta atada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
E tan toste a deitaron en u peego redondo; mas non quis Santa Maria per ren que sse foss' a fondo. Quand' esto viron os mouros, teveron que grand' avondo de vertud' en ela era, e foi da agua sacada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
E tan toste a levaron u' Rey de Grãada era, que teve tod' este feito por gran maravilla fera e mandou de seus deiros dar ao que lla trouxera, e ar mandou a omagen logo levar a Grãada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
Des i mandou a crischãos que a el Rei a trouxessen de Leon e de Castela, e o feito lle dissessen todo per como passara, pero por quanto podessen que non foss' el descoberto que a avia 'nviada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
E eles toste veron pera Segovia aga, u el Rey era, e deron-ll' a omagen da Rea, Virgen santa groriosa; e en panos que tia ricos fez que a omagen fosse log' envorullada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...
E mandou que a guardassen mui ben ena sa capela, e a todos fez mostra-la, que ouvessen en mazela e punnassen come bõos com' aquela alcavela de mouros fosse vençuda e a omagen vingada. Con gran razon é que seja de Jeso-Crist' amparada...