Portuguese poem
CCLXXIII (A Madre de Deus que éste…)
by Afonso X de Leão e Castela (1221–1284)
A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello, sempre nas cousas minguadas acorre e dá conssello.
Desta razon un miragre direy apost' e fremoso, que fezo Santa Maria, e d' oyr mui saboroso; esto foi en Ayamonte, logar ja quanto fragoso, pero terra avondada de perdiz e de cõello. A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
Ali á ha eigreja desta Virgen groriosa, que é dentro no castelo, nen ben feita nen fremosa, mas pequena e mui pobre e de todo menguadosa, e campãa á tamanna qual conven ao concello. A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
E os panos con que era ende o altar coberto eran ricos e mui nobres, esto sabemos por certo; e per cima da eigreja era o teito coberto; e ostias y menguavan e vynno branqu' e vermello. A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
Ond' avo na gran festa desta Virgen en Agosto que entrou u ome bõo, e viu estar desaposto o altar e disse logo: «Par Deus, muit' é gran dosto d'o feito da Virgen santa seer metud' a trebello. A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
E pero ora non tenno pera dar y offerenda, coserei aquestes panos daquest' altar sen contenda, se poder achar agulla ou fios ou quen mios venda, pois que malparado vejo jazer aqueste zarello. A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
E maa ventura venn' a quen altar assi desbulla: e poren buscade fios, amigos, ca eu agulla tenno que non á tan bõa daqui ata Ribadulla pera cose-los mui toste, pero que vello semello. A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
Per cousa que el fezesse nen dissesse nen rogasse a todos, non foi en preito que sol un fio achasse, nen aynda enos panos do altar, pero provasse de sacar end' u enteiro, nen quen lle dissesse dello. A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
Estand' assi aquel ome por estes fios coitado que os aver non podia, catou e viu a seu lado pender de cima do onbro dous fios, e espantado foi en muit' a maravilla, dizendo: «Non é anello A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
Este miragre, mais novo; e por aquesto, varões, ena Virgen groriosa ben ted os corações.» E log' ant' o altar todos fezeron sas orações, e mais lagrimas choraron ca cho un gran botello. A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
E levantaron-sse logo, dando grandes adianos todos a Santa Maria; e el coseu os panos mui ben con aqueles fios e encobriu os danos, a pesar do dem' astroso que é peor que golpello. A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
More by Afonso X de Leão e Castela
- CCLXVIII (Como Santa Maria guareceu en Vila-Sirga…)
- CCLXX (Todos con alegria cantand' e en…)
- CCLXXI (Esta é de como ha nave…)
- CCLXXII (Como Santa Maria fez en Son…)
- CCLXXIV (Poi-lo pecador punnar en servir Santa…)
- CCLXXIX (Como el rei pidiu mercee a…)
- CCLXXV (A que nos guarda do gran…)
- CCLXXVI (Como Santa Maria do Prado, que…)