Versos Portuguese Afonso X de Leão e Castela CXXVIII (Esta é do corpo de Nostro…)

Portuguese poem

CXXVIII (Esta é do corpo de Nostro…)

by (1221–1284)

Listen in the reader

Esta é do corpo de Nostro Sennor, que un vilão metera en ha sa colma por aver muito mel e muita cera; e ao catar do mel mostrou-sse que era Santa Maria con seu Fill' en braço.

Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada, que u quer que a el achen, ela con el é achada.

De tal razon un miragre vos direi maravilloso, que mostrou Santa Maria con seu Fillo grorioso a un vilão que era d' abellas cobiiçoso, por aver en mel e cera que lle non custasse nada. Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

Este morava en Frandes, preto do mar, na ribeira, e foi pedir a conssello a ha vella sorteira que ll' escantaçon mostrasse e o metess' en carreira per que abellas ouvesse, e muito foi del rogada. Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

Ela respos-lle: «Farey-o se meu conssello fillardes.» Diss' el: «Praz-me.» Respos-ll' ela: «Pois quando vos comungardes, a comoyon ena boca tede sena passardes en tal guisa que dos dentes sol non dedes y dentada, Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

Mas guardade-a na boca o mellor que vos poderdes; des i de vossas colmas escolled' a que quiserdes e ensserade-a dentro; e se vos esto fezerdes, de mel será e de cera vossa casa avondada.» Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

O vilão crev' a vella e fez todo seu mandado; e pois ouve na colma de Deus o corp' ensserrado, cuidou poren seer rico. E quand' o tenpo chegado foi de catar sas colmas, non fez longa demorada Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

E abriu aquela logo, u a osti' ensserrara, e viu [y] Santa Maria, mui fremosa e mui crara, con seu Fillo Jhesu-Cristo en seus braços, que criara, que tia abraçado e el ela abraçada. Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

Quand' esto viu o vilão, ouv' enton tan grand' espanto, que serrou log' a colma e aa eigreja quanto pod' yr se foi muit' aga e disse «Por Deus lo santo», ao capelan, «mig' yde logo, sen outra tardada, Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

E mostrar-vos-ei tal cousa, qual viuda nen oyda nunca foi.» Enton o preste, com' era de bõa vida, foi con el, e na colma viu a Virgen mui conprida de ben con seu Fill' en braço, nobre cousa e preçada. Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

Quand' esto viu, tornou logo e fez chamar a concello e tanger todo-los sinos, e fillaron tal consello, que con gran precisson fossen por aquela que espello é dos santos e do mundo, e a trouxessen onrrada. Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

Logo foron alá todos e viron en com' estava na colma a mui santa Virgen e com' abraçava a seu Fillo Jhesu-Cristo, e mui mellor odor dava que liros nen violetas non dan, nen agua rosada. Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

Log' a colma levaron as gentes que y veron, con procisson e cantando; e depois que a poseron sobelo altar, as oras todas compridas disseron aquel dia con ssa noite, e de todos mui catada Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

Foi a Virgen con seu Fillo, a nobr' e Santa Reynna. Outro dia ar disseron sa missa, mas non agynna; e pois conssagrou o preste a ostia que tiynna, non acharon na colma erg' a ostia sagrada, Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...

Que o vilão metera y con gran mengua de siso, mui sãa e mui fremosa, como x' a Deus guardar quiso con ssa Madr' a Virgen santa, Reynna de Parayso. Poren seja el loado sempr' e ela mui loada. Tan muit' é con Jesu-Cristo Santa Maria juntada...