Portuguese poem
XXXI (Esta é como Santa Maria levou…)
by Afonso X de Leão e Castela (1221–1284)
Esta é como Santa Maria levou o boi do aldeão de Segovia que ll' avia prometudo e non llo queria dar.
Tanto, se Deus me perdon, son da Virgen connoçudas sas mercees, que quinnon queren end' as bestias mudas.
Desto mostrou un miragre | a que é chamada Virga de Jesse na ssa eigreja | que éste en Vila-Sirga, que a preto de Carron é duas leguas sabudas, u van fazer oraçon gentes grandes e miudas. Tanto, se Deus me perdon...
Ali van muitos enfermos, | que receben sãydade, e ar van-x'i muitos sãos, | que dan y ssa caridade; e per aquesta razon sson as gentes tan movudas, que van y de coraçon ou envian sas ajudas. Tanto, se Deus me perdon...
E porend' un aldeão | de Segovia, que morava na aldea, ha vaca | perdera que muit' amava; e en aquela ssazon foran y outras perdudas, e de lobos log' enton comestas ou mal mordudas. Tanto, se Deus me perdon...
E porque o aldeão | desto muito se temia, ante sa moller estando, | diss' assi: «Santa Maria, dar-t-ei o que trag', en don, a vaca, se ben m' ajudas que de lob' e de ladron mia guardes; ca defendudas Tanto, se Deus me perdon...
Son as cousas que tu queres; | e por aquesto te rogo que mi aquesta vaca guardes.» | E a vaca vo logo sen dan' e sen ocajon, con ssas orellas merjudas, e fez fillo sen lijon con sinaes pareçudas. Tanto, se Deus me perdon...
Pois creceu aquel bezerro | e foi almall' arrizado, a ssa moller o vilão | diss': «Irey cras a mercado; mas este novelo non yrá nas offereçudas bestias qu' en offereçon sson aos Santos rendudas.» Tanto, se Deus me perdon...
Dizend' esto aa noyte, | outro dia o vilão quis ir vende-lo almallo; | mas el sayu-lle de mão, e correndo de randon foi a jornadas tendudas, come sse con aguillon o levassen de corrudas. Tanto, se Deus me perdon...
Pois foi en Santa Maria, | mostrou-sse por bestia sage: meteu-sse na ssa eigreja | e parou-ss' ant' a omage; e por aver ssa raçon foi u as bestias metudas eran, que ena maison foran dadas ou vendudas. Tanto, se Deus me perdon...
E des ali adeante | non ouv' y boi nen almallo que tan ben tirar podesse | o carr' e soffrer traballo, de quantas bestias y son que an as unnas fendudas, sen feri-lo de baston nen d' aguillon a 'scodudas. Tanto, se Deus me perdon...
O lavrador que pos ele | a mui gran pressa vera, poi-lo vyu en Vila-Sirga, | ouv' en maravilla fera; e fez chamar a pregon, e gentes foron vudas, a que das cousas sermon fez que ll'eran conteçudas. Tanto, se Deus me perdon...