Versos Portuguese Joan Airas O que soía, mia filha, morrer

Portuguese poem

O que soía, mia filha, morrer

by

Listen in the reader

O que soía, mia filha, morrer por vós, dizen que ja non morr'assí e moir'eu, filha, porque o oí; mais, se o queredes veer morrer, dizede que morre por vós alguén e veredes home morrer por én.

O que morría, mia filha, por vós, como nunca vi morrer por molher home no mundo, ja morrer non quer; mais, se queredes que moira por vós, dizede que morre por vós alguén e veredes home morrer por én.

O que morría, mia filha, d'amor por vós non morre, nen quer i cuidar, e moir'end'eu, mia filha, con pesar; mais, se queredes que moira d'amor, dizede que morre por vós alguén e veredes home morrer por én.

Ca, se souber que por vós morr'alguén, morrerá, filha, querendo-vos ben.