Portuguese poem
CXV (Esta é como Santa Maria tolleu…)
by Afonso X de Leão e Castela (1221–1284)
Esta é como Santa Maria tolleu ao demo o mino que lle dera sa madre con sanna de seu marido, porque concebera del dia de pascoa.
Con seu ben sempre ven en ajuda connoçuda de nos Santa Maria.
Con ajuda nos vene e con ssa amparança contra o que nos tene no mund' en gran balança por toller-nos o bene da mui nobre sperança; mas vengança filla a Groriosa poderosa del, e sempre nos guia. Con seu ben...
Desto no tempo d' ante achamos que fezera a do mui bon talante gran maravilla fera da moller andante mal que seu fillo dera e posera, porque fora pecare, de o dare ao dem' en baylia. Con seu ben...
En terra de Roma ouv' y, com' escrit' ey achado, un ome, com' aprendi, bõo e muit' onrrado, e demais, segund' oý, riqu' e mui ben casado, e amado de todo-los da terra, ca sen err' a sa fazenda fazia. Con seu ben...
Est' ome e ssa moller mui gran temp' esteveron servindo Deus volonter e seus fillos fezeron, e quant' ouveron mester a cada u deron. Pois poseron de ter castidade e verdade ontre si noit' e dia. Con seu ben...
Mais o dem', a que pesou daquesto que poseran, muitas carreiras buscou pera o que fezeran desfazer, e tant' andou que, o que manteveran, u jouveran cada u en seu leito con despeito os meteu en folia. Con seu ben...
Muit' ouv' o demo prazer pois que ouve vençudo o om', e fez-lo erger de seu leit' encendudo por con ssa moller jazer. E o que prometudo e tudo muit' era que guardass' e non britasse, el ende o partia. Con seu ben...
A moller chorand' enton, a que muito pesava, lle diss' aquesta razon: como o dem' andava por britar ssa profisson; mas que lle conssellava e rogava que o el non fezesse, ca soubesse que a Deus pesaria. Con seu ben...
«Demais, festa será cras dessa Pascoa santa; porend' en ti Sathanas non aja força tanta que o que prometud' ás brites, ca quen quebranta ou ss' encanta a britar sa promessa, log' en essa ora de Deus desvia.» Con seu ben...
O ome non quis per ren leixar seu fol deleito, nen catou y mal nen ben; mais pois conpriu o preito, ela con sanna poren diz: «O que será feito, eu endeito o daqui que seu seja, sen peleja, do demo todavia.» Con seu ben...
Logo bes dessa vez a moller foi encinta dun me[ny]nno que pois fez con pesar, sen enfinta, por que o mui mais ca pez negro nen que a tinta del non quinta, mais todo o meno fremoso depois aver devia. Con seu ben...
Onde depois, sen mentir, o demo de mal cho aos doz' anos pedir aquel menynno vo a ssa madre, sen falir, e diss': «Ao quinzo en meu so o levarei sen falla, sen baralla d' outre e sen perfia.» Con seu ben...
A madre con gran pesar e con mui gran quebranto começou log' a chorar por seu fill' e fez chanto; e pois feze-o chamar e disse-ll' enton tanto: «Ao santo Papa que é en Roma vai, e toma aver por ena via. Con seu ben...
Ca d' atanto soon fis que te porrá conssello en teu mal, par San Denis.» E o moç' en trebello nono tev' e por Paris foi; e pois no concello no vermello pano connoceu logo no meog' o Papa da crerezia. Con seu ben...
E tan toste que o viu, a ele mantenente foi e ben lle descobriu seu feito, que niente del non leixou nen mentiu. Mai-lo Papa Cremente certamente lle disse: «Essa ora, sen demora, te vai pera Suria; Con seu ben...
Ca un sant' om' y está que end' é Patriarcha daquela terra e á en pode-la comarca, e conssello te dará bõo, se Deus [me] parca. Busca barca e vai tost', e non chores nen demores, e faz ta romaria.» Con seu ben...
Contaria-vos de dur as mui grandes tormentas que sofreu no mar de Sur o moço, ca trezentas millas correu sen nenllur folgar, ou quatrocentas ou quinentas, sen ancora deitaren nen chegaren a terra d'Armenia. Con seu ben...
E per com' aprendi eu, o moço, muit' aginna chegou a el e lle deu a carta que tiinna e disse-ll': «Ai, sennor meu, pola Santa Reynna, meeza na mia coita pon cedo.» E con medo seu mal lle descobria. Con seu ben...
O Patriarcha sen al lle disse: «Sei que andas con mui gran coita mortal; mas desto que demandas, un hermitan sei atal que vestiduras blandas nen viandas non usa terraes, senon taes como llas Deus envia. Con seu ben...
E acha-lo-ás, ben sey, ena Negra Montanna; mais atanto te direi que non leves conpanna, ca, per com' eu apres' ey, nona quer, e sa manna é estranna d' outr' ome, e sa vida mui conprida.» Soo, sen conpania, Con seu ben...
O camynn' enton colleu o moç', e gran jornada pois cada dia prendeu, que nunca folgou nada, ata que ll' apareceu a hermida sagrada u morada daquel religioso omildoso era, que Deus servia. Con seu ben...
O moç' ouve gran sabor pois entrou na capela, mas do hermitan mayor, que viu dentr' en sa cela, u ll' enton Nostro Sennor deu en un' escudela grand' e bela dous paes ben do ceo, so un veo que a toda cobria. Con seu ben...
E o angeo de Deus do ceo da altura deceu ontr' os servos seus en mui bela figura e diss': «Ai, amigos meus, porque vossa natura non endura muito fame nen sede, dous tede pães.» E logo ss' ya. Con seu ben...
Pois comeron daquel pan, o moço ssa fazenda contou ao hermitan, chorando sen contenda. El diss': «A do bon talan roga que te defenda e conprenda o demo e o dome, que non tome a ti com' el querria. Con seu ben...
Ela seja teu solaz ate ena mannãa que direi eu, se lle praz, missa pela luz chãa e comungar-t-ei en paz, e a ta alma sãa e certãa será de Parayso, u á riso sempre e alegria.» Con seu ben...
O hermitan ant' a luz as oras foi dizendo daquel que morreu na cruz por nos pas sofrendo. O meny' enton ll' aduz seus livros mui correndo, e tremendo disse: «Missa dizede, e valede me, ca tenpo seria.» Con seu ben...
De Pascoa no mes d' abril a missa começaron; mai-lo demo mui sotil, el e os seus andaron tant' a redor do covil, que o moço fillaron e levaron da missa na segreda, que mui queda o hermitan dizia. Con seu ben...
Com' a estoria diz, u diabres levavan o moç' e como perdiz assi o depenavan, viron a Emperadriz do Ceo, que dultavan, e leixavan o moço e fugian, ca sabian que llo non leixaria. Con seu ben...
Pois que tolleu o donzel a Virgen, com' oistes, ao dem' e seu tropel fezo fugir mui tristes; mais o hermitan fiel diss': «Ai, Deus, consentistes ou dormistes u mi o moço prenderon e tolleron, que ante mi siia?» Con seu ben...
Como ome que sse dol, chorand' e non riindo, o hermitan come fol s' ouv' a tornar pedindo o moço; e en ssa prol estando comedindo, foi oyndo, u a Paz acabara, que ll' en crara voz «amen» respondia. Con seu ben...
O hermitan enton pres o moço pela mão, que a Reynna cortes lle dera livr' e são, e disse-ll': «Amigo, ves: eu te faço certão ben de chão que des oy mais es quito do maldito demo que te seguia.» Con seu ben...
More by Afonso X de Leão e Castela
- CXLV (O que pola Virgen de grado…)
- CXLVI (Como Santa Maria guareceu a un…)
- CXLVII (Como ha moller pobre deu sa…)
- CXLVIII (Como un cavaleiro guareceu de mãos…)
- CXVI (Esta é como Santa Maria fez…)
- CXVII (Como ha moller prometera que non…)
- CXVIII (Como Santa Maria resucitou en Saragoça…)
- CXX (Quantos me creveren loarán)